CITIC

X Encontro da Mocidade Investigadora

 

14/06/2023 - CITIC

Os días 12 e 13 de xuño tivo lugar o X Encontro da Mocidade Investigadora na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Durante o desarrollo deste evento anual, doutorandos das tres Universidades Galegas tiveron a oportunidade de presentar as súas investigacións e discutir os seus resultados de forma constructiva con compañeiros doutras disciplinas e expertos na materia.
Os investigadores Manuel Lagos Rodríguez e Adriana Anido Alonso participaron na Sesión de Enxeñería e Arquitectura con dúas comunicacións oráis sobre as súas teses.
Manuel presentou o proxecto “Realidade virtual aplicada á promoción do envellecemento activo e á rehabilitación de persoas con discapacidade”, explicando os beneficios de empregar espazos virtuais fronte a espazos reais, ensinando varias contornas xa desenvoltas así como as tarefas que se poden realizar nestas e describindo o equipamento tecnolóxico necesario para xerar ditas experiencias virtuais.
Por outra parte, Adriana presentou o proxecto “Estratexias descentralizadas de aprendizaxe profundo para mellorar a xeneralización na clasificación das fases do sono”, expoñendo unha das problemáticas máis limitantes na aprendizaxe máquina, como é a dificultade para xeneralizar con
fontes de datos de distintos hospitais. Neste sentido o uso de estratexias de aprendizaxe descentralizadas, aseguran a protección dos datos clínicos e melloran o rendemento dos algoritmos de clasificación de fases do sono.