CITIC

Xornada de difusión de resultados dos proxectos CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19 e Predición da estrutura de proteínas SARS-CoV-2 con técnicas de Intelixencia Artificial

O próximo 13 de decembro, a partir das 9:40 horas, a sala Cloud do CITIC acollerá o acto de presentación de resultados de resultados de dous proxectos dirixidos por investigadores do centro para avanzar na loita contra a COVID-19. Son os proxectos “CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19” (IN845D2020/26), dirixido por Ricardo Cao Abad e Manuel F. González Penedo; e “Predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2 con técnicas de Intelixencia Artificial” (IN845D2020/02), dirixido por José Santos Reyes.

Ambos proxectos están subvencionados pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e contan con cofinanciamento dos fondos FEDER e o apoio da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.

Axenda

  • 9:40 h-10:00 h: Apertura da xornada.
  • 10:00 h-10:20 h: Predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2. José Santos.
  • 10:20 h-10:40 h: Expansión dun virus según a efectividade e aceptación das medidas de contención: un modelo baseado en axentes. Bertha Guijarro.
  • 10:40 h-11:00 h: Impacto das medidas de intervención non farmacolóxica no control da incidencia de COVID-19. Ricardo Cao.
  • 11:00 h-11:20 h: Descanso – café
  • 11:20 h-11:35 h: Medición e análise de parámetros ambientais. Carlos Escudero y Manuel Oviedo.
  • 11:35 h-11:40 h: Modelos flexibles de supervivencia condicional para tempos de estadía en planta e en UCI. Rebeca Peláez
  • 11:40 h-11:45 h: Opendata en CEDCOVID. Javier Pereira.
  • 11:50 h-12:10 h: Rolda de prensa.