CITIC

Xornada "oportunidades para ciencia excelente en H2020"

14/06/2019

O próximo 14 de xuño a sala Cloud do CITIC acollerá a xornada “Oportunidades para ciencia excelente H2020”. Está organizada pola OTRI da Universidade da Coruña, coa colaboración do CITIC, a Oficina Europea e a Xunta de Galicia.

A xornada inclúe a presentación da convocatoria Future & Emerging Technologies (FET) así como das convocatorias ERC StG, CoG, AdG e Synergy Grants a cargo de Nicolás Ojeda Belmar, Punto Nacional de Contacto do programa FET. Contarase tamén coa experiencia de Carlos Gómez, investigador do CITIC da UDC beneficiario dunha ERC StG, para achegar a súa visión como investigador nestas convocatorias.

Por último María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presentará o Programa Oportunius como posibilidade de consolidación para investigadores excelentes. A xornada enmárcase dentro dos principais obxectivos do programa Horizon 2020 que é elevar o nivel de excelencia na ciencia básica europea e asegurar un fluxo constante de investigación de calidade para garantir a competitividade a longo prazo en Europa. Os interesados en asistir poden inscribirse na xornada ata o xoves 13 de xuño ás 14:00 horas a través dun correo electrónico dirixido a otri.aula@udc.es

PROGRAMA

09:45 – 10:00 h. Rexistro de participantes

10:00 – 10:15 h. Presentación da xornada

– Manuel F. González Penedo, Director del CITIC

– José Mahía Saavedra, Director Científico-Técnico OTRI

10:15 – 10:45 h. A convocatoria Future & Emerging Technologies (FET)

Nicolás Ojeda Belmar, Punto Nacional de contacto do programa FET

10:45 – 11:30 h. Convocatorias ERC StG/CoG/AdG e Synergy Grants

Nicolás Ojeda Belmar, Punto Nacional de contacto do programa FET

11:30 – 12:00 h. Pausa café

12:00 – 12:30 h. A visión do investigador nas convocatorias ERC

Carlos Gómez, Investigador do CITIC da UDC, beneficiario dunha ERC StG

12:30 – 13:15 h. O programa Oportunius: posibilidades de consolidación para investigadores excelentes

María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros de la Axencia Galega de Innovación (GAIN)

13:15 – 13:30 h. Clausura