CITIC

Xornada sobre as TIC no novo programa de Traballo 2020

09/05/2019

Marina Martínez é persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), onde centra as súas actividades no programa H2020 e iniciativas de I+D+i afíns. Na oficina SOST, é responsable das áreas de Seguridade e Transporte, e dá apoio aos programas de Espazo, Medio Ambiente e Bioeconomía de H2020. Tamén organiza as actividades dirixidas ás delegacións rexionais en Bruxelas en temas de programas europeos de I+D+i, así como as oportunidades para as PEMES en temas de innovación.

Marina visitará a Universidade da Coruña do 8 ao 10 de maio de 2019 coa finalidade de adiantarnos o último programa de traballo de H2020 que será presentado oficialmente a finais de mes. Ademais, introduciranos no novo Programa Marco da Unión Europea, o Horizon Europe, que se está a acabar de definir.

Programa

09:45 h Apertura da xornada por parte do director do CITIC

10:00 h Introdución ao Horizon Europe, novo Programa Marco da Unión Europea

10:30 h Presentación do novo Programa de Traballo 2020: tópicos destacados en TIC

11:30 h Pausa café

12:00 h Reunións bilaterais ou multilaterais con investigadores interesados na solicitude de proxectos europeos

14:00 h Peche da xornada