Xornada sobre H2020 e Horizon Europe
10/05/2019
Marina Martínez é persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), onde centra as súas actividades no programa H2020 e iniciativas de I+D+i afíns. Na oficina SOST, é responsable das áreas de Seguridade e Transporte, e dá apoio aos programas de Espazo, Medio Ambiente e Bioeconomía de H2020. Tamén organiza as actividades dirixidas ás delegacións rexionais en Bruxelas en temas de programas europeos de I+D+i, así como as oportunidades para as PEMES en temas de innovación.
Marina visitará a Universidade da Coruña do 8 ao 10 de maio de 2019 coa finalidade de adiantarnos o último programa de traballo de H2020 que será presentado oficialmente a finais de mes. Ademais, introduciranos no novo Programa Marco da Unión Europea, o Horizon Europe, que se está a acabar de definir.
Programa
09:45 h Apertura da xornada a cargo do Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya
10:00 h Presentación da Unidade de Apoio a Europa da OTRI por Valérie Bruynseraede
10:15 h H2020: Presentación do novo Programa de Traballo 2020, por Marina Martínez
11:15 h O novo Programa Marco Horizon Europe, por Marina Martinez
11:50 h Peche da sesión a cargo do director do CITIC, Manuel G. Penedo
12:00 h Peche da xornada
A xornada é aberta e gratuíta, previa inscrición antes das 14:00 horas do 7 de maio de 2019, a través do seguinte cuestionario: https://forms.gle/2Rusy416PDtDEbuW9
O aforo é limitado e a asistencia a xornada establecerase por estrita orde de inscrición.