XV Xornadas de Enxeñería Telemática
As XV Xornadas de Enxeñería Telemática (JITEL 2021), organizadas polo CITIC e a Sociedade Científica de Enxeñería Telemática, terán lugar os días 27, 28 e 29 de outubro de 2021.
As Xornadas constituirán un foro propicio de reunión, debate e divulgación para os profesionais que imparten docencia e investigan en temas relacionados coas redes e os servizo telemáticos.
Coa celebración deste evento preténdese fomentar, por unha banda, o intercambio de experiencias e resultados, e, por outro, a comunicación e cooperación entre grupos de investigación que traballan en temas relacionados coa telemática.
En paralelo ás tradicionais sesións dos congresos científicos, organizaranse actividades que estimulen o intercambio de ideas entre o persoal investigador experimentado e novel.
Máis información: https://jitel21.udc.es/
PROGRAMA
Mércores 27 de outubro
- 8:30 h – 9:00 h.- Rexistro
- 9:00 h – 9:50 h.- Sesión Inaugural:
- Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso.
- Director Xeneral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais, Arturo Azcorra Saloña.
- Director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), Manuel Francisco González Penedo.
- Presidente do Comité do Programa das XV Xornadas de Enxeñería Telemática (JITEL21), Víctor Manuel Carneiro Díaz.9:50 h – 11:30 h.- Sesión X1M RD1
- 11:30 h – 12:00 h.- Pausa café
- 12:00 h – 14:00 h.- Sesión X2M RD2
- 14:00 h – 15:30 h.- Comida
- 15:30 h – 17:30 h.- Sesión X3T Misc
- 17:30 h – 18:00 h.- Pausa café
- 18:00 – 18:30 h.- Best Paper Award
- 18:30 h – 21:30 h.- Asamblea de socios SCITEL-ATE
Xoves 28 de outubro
- 9:00-11:00 Sesión J1M DT
- 11:00-11:30 Pausa café
- 11:30-14:00 Sesión J2M MSSD
- 14:00-15:30 Comida
- 15:30-17:30 Sesión J3T AS
- 17:30-21:00 Visita guiada a A Coruña
- 22:00 Cena de gala
Venres 29 de outubro
- 9:00-11:00 Sesión V1M1 VRS
- 9:00-11:00 Sesión V1M2 SRS1
- 11:00-11:30 Pausa café
- 11:30-12:30 Sesión V2M SRS2
- 12:30-14:00 Sesión V3M RNG
- 14:00 Clausura e comida