CITIC

P.O. FEDER

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da resolución do 19 de abril de 2024 (DOG núm. 85 do 30 de abril de 2024) pola que se conceden as axudas da Orde do 24 de outubro de 2023 (DOG núm. 211, do 7 de novembro de 2023) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e das axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, acredita ao CITIC como “Centro en excelencia” e recoñéceo como “Membro da Rede CIGUS” para o período 2024-2027 (ED431G 2023/01).

Coa axuda obtida, o CITIC poderá consolidar o coñecemento científico avanzado e excelente das súas áreas de investigación, mellorar a profesionalización, aumentar a capacidade de transferencia tecnolóxica e potenciar a súa internacionalización.

Pódense consultar as accións levadas a cabo coa financiación obtida nas seccións de Novidades e Eventos.

Os procesos de selección financiados con cargo á axuda recibida pódense consultar na sección de Emprego.

PO FEDER Galicia 2021-2027.

Operacións cofinanciadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo temático de “Unha Europa máis intelixente: transformación económica innovadora”.