CITIC

CIBERSEGURIDADE

A área de investigación de Ciberseguridade é un campo de traballo transversal ao resto de ámbitos de investigación do CITIC. Comprende o tratamento de datos, os sistemas de intelixencia artificial, os sistemas de computación, e as comunicacións e servizos a través de internet. Trátase dunha disciplina que persegue o correcto funcionamento dos sistemas de información e as comunicacións, é dicir, que o hárdware, sóftware, datos e intercambios de información se fagan de forma que se cumpran aqueles obxectivos para os que foron deseñados.

Os tres retos fundamentais da ciberseguridade son:

  • Confidencialidade, que está relacionada coa privacidade
  • Integridade, que vela pola corrección dos datos
  • Dispoñibilidade, que procura que os servizos de información e as comunicacións sexan sempre utilizables​

 

Liñas de investigación da área de ciberseguridade:

  • Análise de datos baseada en técnicas de intelixencia colectiva, redes de neuronas ou machine learning para a detección de situacións anómalas
  • Análise de fluxos de datos para a detección de situacións potencialmente perigosas
  • Aplicación de técnicas de detección temperá de intrusións
  • Análise e avaliación da seguridade de tecnoloxías emerxentes
  • Técnicas de análise de comportamento humano para o desenvolvemento de técnicas de autenticación​