ACCIÓNS DESTACADAS
ÚLTIMAS NOVIDADES

Talentos Inclusivos comparte a súa experiencia educativa inclusiva no Congreso Mundial EDUCA 2026
O investigador do CITIC da UDC Javier Pereira e a responsable de xestión do proxecto Talentos Inclusivos, Irene Brage, presentaron o proxecto e a iniciativa europea Erasmus+ EDiGIT no Congreso Mundial de Educación, celebrado os días 23 e 24 de outubro, que reuniu máis de 500 asistentes.

O CITIC reúne o talento universitario galego nunha nova edición da súa competición de ciberseguridade
A C3TF celebrarase o 29 de outubro na Coruña e en Vigo con actividades formativas, retos informáticos e premios de ata 1.200 euros.

Quince centros educativos participarán na VII edición de Talentos Inclusivos durante o curso 2026-2027
O proxecto do CITIC da UDC impulsará un ano máis o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para mellorar a vida das persoas con discapacidade. Participará alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional das catro provincias galegas.
IMPULSAMOS A I+D APLICADA ÁS TIC
Áreas de investigación
Catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Computación de Altas Prestacións, Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal: Ciberseguridade.
Proxectos I+D
Consulta os proxectos nos que participa o CITIC.
Eventos
Consulta os principais eventos organizados polo CITIC (congresos, xornadas…).
No ano 2016 a Xunta de Galicia acredita ao CITIC como Centro Singular de Investigación de Galicia. En 2019 renova esta acreditación e pasa a denominarse Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia.