CITIC
Catedra-Ciberseguridade-R400x300

A Cátedra R convoca unha nova edición dos Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital

19/10/2022 – CITIC

A Cátedra interuniversitaria R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade.

Poderán presentar as súas candidaturas estudantes que defenderan o seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Master (TFM) ou Tese Doutoral durante os cursos académicos 2020/21 e 2021/22 nas universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia. Ademais, nesta edición tamén poderán concorrer aos premios os traballos de investigación e transferencia realizados en colaboración con empresas.

A entrega de premios realizarase durante a celebración do evento do Nodo Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que terá lugar os próximos 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2022 a través da seguinte ligazón.