CITIC

A Facultade de Informática celebra o Premio ao Mellor TFG Aplicado

20/10/2020 – CITIC

O CITIC colabora na entrega do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grado (TFG) Aplicado da Facultade de Informática do curso 2018/2019. O acto celebrarase o próximo 30 de outubro e retransmitirase vía online dende o salón de graos Víctor Gulías.

Este premio ten o propósito de recoñecer a excelencia aos traballos defendidos entre xuño e setembro de 2019 e que obtiveron unha cualificación de Matrícula de Honra na Facultade de Informática de la UDC. Seis nomeados optarán a un primeiro premio de 1.500 € e dous accésit de 500 €.

Os estudantes nomeados son:

  • Jacobo Fiaño Salinas: Desenvolvemento dunha aplicación para decidir o receptor máis axeitado dun transplante de ril
  • Roi Galego Torreiro: Desenvolvemento dunha ferramenta para o control de calidade de secuencias xenéticas en contornos BigData
  • Roberto López Castro: Uso de técnicas de visión por computador para o seguimento de individuos en eventos deportivos
  • David Otero Freijeiro: Plataforma para a etiquetaxe asistida de casos de risco anticipado en internet
  • Sergio Rodríguez Gayoso: Dispositivo e aplicación Android para aumentar a seguridade nos desprazamentos en bicicleta
  • Arturo Silvelo Pallín: Sistema de autenticación biométrico baseado na análise do comportamento mediante interacción por pantalla táctil e sensores de movemento

Máis información