CITIC

A investigadora Elena Hernández Pereira imparte un taller do CyberSec@GAL 2020

03/11/2020 – CITIC

A investigadora do CITIC Elena Hernández Pereira impartiu o pasado 3 de novembro o taller “Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicación” que se realizou dentro de CyberSec@GAL 2020. A investigadora do CITIC impartiu o taller conxuntamente co profesor da Uvigo Juan Carlos Burguillo Rial.

Este taller estaba destinado a estudantes do Sistema Universitario Galego e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade. O obxectivo foi revisar as principais ameazas de malware (software malicioso) existentes, a forma de previlas, identificalas e neutralizalas. Para complementar as explicacións sobre as técnicas de detección e eliminación de ameazas, presentáronse varios casos de estudo prácticos utilizando ferramentas de código libre que os asistentes instalaron e probaron durante a sesión.

Esta segunda edición de CyberSec@Gal está enfocada aos riscos no teletraballo, organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade. O evento ten lugar do 2 ao 5 de novembro e aborda a normativa, solucións, desafíos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.