A investigadora Patricia Martín imparte unha conferencia sobre saídas profesionais para o alumnado de doutoramento
18/02/2021 – CITIC
A investigadora do CITIC Patricia Martín Rodilla imparte xunto coa profesora da UDC Luz Castro na conferencia “Humanizando o dixital”, que organiza a Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago dentro dun ciclo de charlas sobre posibles saídas profesionais para o alumnado de doutoramento en Ciencias da Saúde, Ciencias e Enxeñerías, Sociais, Xurídicas e Humanidades.
A charla ofrecida polas profesoras da UDC terá lugar este venres 19 de febreiro en formato online, orientada a doutorandos/as e a estudantes que están rematando un mestrado.
Segundo Patricia Martín, mediante esta conferencia queren “transmitir ao alumnado a idea de que se poden mesturar, e con éxito, as humanidades e o mundo dixital. Traballar con eles dunha forma máis interdisciplinaria, sen ter que dividir tanto en materias toda a formación do doutorado. Imos compartir as nosas experiencias para que coñezan as posibilidades que teñen e ofrecerlles outras visións que lles permitan dispoñer de máis ferramentas á hora de decidir que queren facer despois”.