CITIC

A Universidade da Coruña reúne ao alumnado do programa de doutoramento de Estatística e Investigación Operativa no “PhDay-EIO”

21/02/2024 - CITIC
  • A Facultade de Informática da UDC acolle o encontro, que conta co patrocinio do Centro de Investigación en tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC. 

As tres universidades galegas celebran este venres 23 de febreiro, a cuarta edición do “PhDay- EIO”, un evento único no que o alumnado do Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa ten a oportunidade de pór en común e expoñer os seus traballos de investigación. Nesta ocasión, o encontro terá lugar na Facultade de Informática da UDC e contará co patrocinio do CITIC.  

O PhDay-EIO é a ocasión perfecta para establecer conexións co persoal investigador e con outros compañeiros de doutoramento, así como un lugar no que divulgar o traballo realizado.  

Ademais, no transcurso do evento premiarase á mellor comunicación oral cun galardón concedido pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGaPEIO), no que se valorará a investigación presentada, especialmente o carácter divulgativo da mesma.  

O comité organizador desta edición está constituído polos doutorandos deste programa: Beatriz Piñeiro Lamas, Blanca Estela Monroy Castillo, Jorge Castiñeiras Rella, Marta Rodríguez Barreiro, Alicia Mascareñas e Naomi Diz Rosales.