CITIC
Fran_bellas

A Xunta incorporará en bacharelato a materia “Iniciación á IA” baseada no proxecto AI+ que coordina a UDC

12/07/2021 – CITIC

O próximo curso escolar ofertarase nos centros de educación secundaria de Galicia a Intelixencia Artificial no currículo educativo, así o recolle o Diario Oficial de Galicia do 12 de xullo que incorpora a materia “Iniciación á Intelixencia Artificial” como optativa para o curso de 1º de bacharelato. É o primeiro paso que se deu desde o grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia do cal forma parte o investigador do CITIC Fran Bellas, para introducir esta materia nos ensinos pre-universitarias de Galicia.

O contido desta nova materia está baseado no desenvolvido dentro do proxecto europeo Erasmus+ denominado AI+ “ Developing an artificial intelligence curriculum adapted to european high schools”, do cal Bellas é o investigador principal. Está dirixida a estudantes de calquera rama, xa que terá unha formulación interdisciplinar entre a tecnoloxía, as matemáticas, as ciencias sociais e a ética. Está estruturada en 2 horas semanais e dividida en tres grandes bloques temáticos: Que é a Intelixencia Artificial, Áreas Básicas da Intelixencia Artificial e Impacto da Intelixencia Artificial.