CITIC
Premios SCIE

Aberta a convocatoria de 2022 dos Premios de Investigación SCIE - Fundación BBVA

27/12/2021 – CITIC

A Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA convocaron a sexta edición dos seus Premios de Investigación, pola que se concederán un máximo de 10 premios nas seguintes modalidades e categorías:

A modalidade de Premios Nacionais de Informática está dirixida a recoñecer o labor de investigadores e entidades públicas e privadas na área da Informática que dedicaron a súa carreira profesional ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina. Está destinada a destacar a investigación de excelencia levada a cabo por persoal investigador de recoñecido prestixio ou por Pemes, así como as actividades institucionais, corporativas ou individuais que potencien a investigación ou o emprendemento na área da enxeñería informática. Nesta modalidade concederase un premio en cada unha das seguintes categorías: Premio José García Santesmases, Premio Aritmel, Premio Ramón Llull e Premio Ángela Ruiz Robles.

A segunda modalidade, Investigadores Novos Informáticos, está destinada a distinguir traballos doutorais innovadores e relevantes. Búscase recoñecer ao persoal investigador que contribúa á substitución xeracional nesta disciplina e ao seu estudo, fortalecemento e divulgación. Premia a súa creatividade, orixinalidade e excelencia nos primeiros anos de profesión e pretende servir de estímulo para que continúen co seu labor investigador. Nesta modalidade concederase un máximo de seis premios, cada un coa dotación bruta de 5.000 euros.

Máis información