Aberto o prazo de inscrición para o Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC
14/06/2018
O CITIC organiza o I Congreso XoveTIC, no que novos investigadores terán a oportunidade de presentar diferentes comunicacións orais e pósteres, co obxectivo de potenciar a colaboración entre as Universidades e grupos de investigación, construír un espazo para o debate e contribuír na formación dos investigadores. O Congreso terá lugar o 27 e 28 de setembro e o prazo de inscrición está aberto ata o 13 de xullo.
Os interesados en participar deberán enviar un abstract de 300 palabras a través deste formulario e os traballos presentados poden ser tanto orixinais coma presentados previamente noutros foros. Posteriormente, para aqueles traballos seleccionados, deberase remitir unha copia de resumo extendido de duas páxinas para a súa publicación como libro de actas, seguindo as especificacións que serán publicadas próximamente.
Ademais das comunicacións dos investigadores, haberá conferencias plenarias a cargo de personalidades relevantes no ámbito das TIC a nivel nacional e internacional. Colaboran na organización o CiTIUS da USC e atlanTTic da UVigo.