CITIC

Aberto o prazo de inscrición para o VIII Congreso XoveTIC 2025

20/06/2025 - CITIC
  • Os abstracts poden enviarse ata o 18 de xullo
  • O Congreso terá lugar os días 9 e 10 de outubro de 2025

As persoas interesadas en participar na oitava edición do VIII Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, poden enviar xa os seus abstracts.

Este congreso, dirixido a mozos investigadores predoctorales e postdoutorais do ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, ofrece un espazo para a presentación e discusión de traballos científicos, así como para a promoción do intercambio profesional e académico.

O prazo para a recepción de resumos estará aberto ata o 18 de xullo de 2025. A notificación de aceptación dos traballos realizarase o 4 de agosto, data a partir da cal tamén se poderán enviar as versións definitivas. O rexistro de asistencia permanecerá aberto ata o 30 de setembro, e a celebración do congreso terá lugar os días 9 e 10 de outubro de 2025.

Os traballos seleccionados serán publicados nun libro de actas, contribuíndo á difusión do coñecemento científico na área das TIC.

Para máis información e para formalizar a inscrición, os interesados poden visitar a páxina oficial do congreso: https://xovetic.citic.udc.es.