CITIC

Aberta a convocatoria aos Premios de Investigación da Sociedade Científica Informática de España - Fundación BBVA

26/12/2019

A Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA anunciaron a cuarta edición dos Premios de Investigación, integrada por dúas modalidades: Premios Nacionais de Informática e Investigadores Mozos Informáticos.

A modalidade de Premios Nacionais de Informática está dirixida a recoñecer o labor de investigadores e entidades públicas e privadas na área da Informática que dedicaron a súa carreira profesional e o seu esforzo ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina. Nesta modalidade concederase un premio en cada unha das seguintes categorías: Premio José García Santesmases, Premio Aritmel, Premio Ramón Llull e Premio Ángela Ruiz Robles.

Pola súa banda, a modalidade Investigadores Mozos Informáticos está destinada a distinguir traballos doutorais innovadores e relevantes. Búscase con ela recoñecer a aqueles investigadores que contribúen á substitución xeracional nesta disciplina e ao seu estudo, fortalecemento e divulgación, concedéndose un máximo de seis premios.

En anteriores edicións, foron premiados un total de tres investigadores do CITIC. En 2018, Ramón Doallo recibiu o Premio Nacional de Informática na categoría Premio Aritmel. Nesa mesma edición, David Vilares foi galardoado co premio na modalidade Investigadores Mozos Informáticos. En 2019, Neves R. Brisaboa foi condecorada co premio na categoría Premio Ángela Ruiz Robles.

O prazo para a recepción de candidaturas está aberto ata o 28 de febreiro.

Máis información