16/03/2023 – CITIC
Hoxe visitou o CITIC un grupo de 20 alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do Colexio Sagrado Corazón, Franciscanas, da Coruña. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, o alumnado puido coñecer da man de Alejandro Mosteiro, responsable da Unidade de Sistemas do CITIC, algúns proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAVE, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas. Tamén puideron coñecer algúns proxectos do ámbito médico como o eBack, un dispositivo que permite corrixir alteracións posturales da columna vertebral.
A continuación, o grupo visitou o Centro de Proceso de Datos e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización. Neste último, o investigador Manuel Lagos realizou unha demostración da plataforma plataforma Virtuix Omni Prol que permite desprazarse de forma ilimitada nunha contorna de realidade virtual e emprégase no CITIC para a práctica de habilidades físicas e cognitivas en persoas con discapacidade.