CITIC

Acto de presentación do Club de Innovación Aberta: INNOVA CLUB

O venres 15 de xullo, a partir das 10:00h, o Campus Innova da Universidade da Coruña e o Clúster TIC Galicia presentarán, na sala Cloud do CITIC, o Club de Innovación Aberta “Innova Club”. Unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de solucionar individualmente e cos medios tradicionais. Deste xeito, equipos organizados de maneira personalizada, formados por expertos de empresas tecnolóxicas, profesionais, profesores e alumnos universitarios, deseñarán solucións innovadoras para dar resposta a necesidades reais do mercado.

A presentación contará coa participación do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; a directora do Campus Innova, Susana Ladra González; o director do CITIC, Manuel González Penedo; e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.

Así mesmo, o responsable da dinamización e xestión do Innova Club, Juan Carlos Bugallo Taibo, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, presentarán o primeiro caso de uso, un reto proposto pola Autoridade Portuaria da Coruña.

 

Programa

10:00 h – Benvida e presentación do Club de Innovación Aberta “Innova Club”

10:20 h – Explicación técnica do Innova Club e presentación do seu primeiro reto “Rastrexabilidade dos cereais con destino á cabana agrogandeira no porto da Coruña”

10:40 h – Rolda de preguntas e coloquio

11:00 h – Fin da xornada