CITIC

ADSCRICIÓN Ó CENTRO

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) é unha estrutura organizativa propia da Universidade da Coruña creada no ano 2007, e que se aliña coa Normativa de creación de centros de investigación da Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno na súa sesión do 26/11/2020). Con esta nova normativa preténdese complementar o Regulamento do centro, e detallar o proceso de adscrición/permanencia e avaliación dos membros do CITIC.

O CITIC distingue, segundo a súa categoría ou situación profesional, entre persoal permanente, non permanente, persoal en formación e tecnólogos. Esta información está dispoñible na normativa interna de adscrición.

Se estás interesado/a, completa o link correspondente e segue os pasos marcados.

No caso de que queiras levar a cabo o proceso de desascripción, completa este formulario.