CITIC
20220214_174550

Alumnado do Centro de Formación Profesional Afundación coñece o CITIC

15/02/2022 – CITIC

Este luns, 14 de febreiro, o CITIC recibiu a visita dun grupo de 13 alumnos e alumnas del Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web do Centro de Formación Profesional Afundación de A Coruña.

A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. Posteriormente, realizaron unha visita guiada polas instalacións do centro, que se centrou principalmente no CPD (Centro de Proceso de Datos), da man dos membros da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro e Adrián Xuíz.

Para finalizar, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a realidade virtual e a realidade aumentada.