09/11/2021 – CITIC
Alumnado de 2º de bacharelato do IES Agra do Orzán da Coruña que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia visitaron esta mañá as instalacións do CITIC.
A visita comezou cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do centro, Javier Pereira. A continuación, a investigadora Laura Castro faloulles aos alumnos e alumnas da súa liña de investigación sobre sistemas distribuídos.
Posteriormente, o responsable da unidade de sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, explicoulles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos (CPD).
Para finalizar, os estudantes visitaron a sala Demostrador Tecnolóxico, onde coñeceron diferentes proxectos desenvolvidos no CITIC, principalmente nos ámbitos da robótica, a realidade virtual e a realidade aumentada.