CITIC
20211115_104727

Alumnado do IES Moncho Valcarce das Pontes visita o CITIC

15/11/2021 – CITIC

Este luns 15 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 24 alumnos e alumnas que cursan a materia de TIC de 1º de bacharelato do IES Moncho Valcarce das Pontes de García Rodríguez. 

A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. Posteriormente, realizaron unha visita guiada polas instalacións do centro, que se centrou principalmente no CPD (Centro de Proceso de Datos), da man do responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro.

Para finalizar, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a realidade virtual e a realidade aumentada.