CITIC

Alumnos do Grao de Enxeñería Informática visitan as instalacións do CITIC

11/04/2024 - CITIC

O CITIC recibiu hoxe a visita dos estudantes da mención de Enxeñería de Computadores do Grao de Enxeñería Informática da UDC. O grupo, en compañía da docente e investigadora Adriana Dapena, comezou o itinerario no Demostrador Tecnolóxico, onde probaron as lentes de realidade aumentada e realidade virtual. Tamén puideron probar NAO, o robot humanoide, e Robobo, deseñado para a aprendizaxe de robótica intelixente e que funciona a través dun smartphone.   

Tras o demostrador, coñeceron a sala dedicada á historia dos videoxogos que o CITIC está a poñer en marcha. Trátase dun museo no que se expoñerán hardware e periféricos para videoxogos, videoconsolas antigas, así como xogos históricos como o Pac-Man.  

A visita finalizou na Sala de Realidade Virtual, onde se mostrou o supermercado virtual deseñado polo investigador Manuel Lagos e puideron probar a plataforma Omni One.