CITIC
PREMIOS-CATEDRA-emalcsa udc

Álvaro Michelena recibe un premio Cátedra Emalcsa-UDC

25/04/2022 – CITIC

O pasado 1 de abril o xurado determinaba de forma unánime a calidade do traballo presentado polo investigador do CITIC Álvaro Michelena na segunda edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC, resultando gañador na categoría Traballos Fin de Máster coa súa proposta “Aprendizaxe intelixente federado aplicado a sistemas automáticos para instalacións de control de fluído”.

O tribunal, formado polos membros do comité científico-técnico da Cátedra Emalcsa-UDC, destacou o “excelente análise que realiza dunha solución con capacidade para simplificar as tarefas de identificación e control de niveis líquidos, permitindo detectar anomalías en tempo real: fallos en sensores, fugas, etc.”.

O premio de 1000 € ten como obxectivo potenciar este tipo de traballos para achegar o ámbito académico á sociedade, especialmente o coñecemento e importancia dos diferentes eidos relacionados coa xestión da auga no contexto da área metropolitana.