CITIC
XornadaIA Galicia

Amparo Alonso participa na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente” organizada pola Xunta

10/06/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará este venres 11 de xuño na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente”, organizada pola Xunta de Galicia. Durante esta xornada abordarase o papel das tecnoloxías intelixentes, especialmente a intelixencia artificial, na contribución á resolución dalgúns dos principais retos que enfronta a sociedade. O evento enmárcase na presentación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030.

A apertura da xornada será a cargo da directora de Amtega, Mar Pereira, e do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e será clausurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. A investigadora do CITIC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participará na mesa “O dato intelixente para a mellora dos servizos á cidadanía”.

A xornada terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia a partir das 10:00 h e será retransmitida en directo a través dun seminario web.

Rexistro