As estimacións estatísticas precisas con mostras insuficientes e a aprendizaxe reforzada, nos almorzos TIC Talk do CITIC
Os investigadores Naomi Diz Rosales e Alejandro Fernández Camello protagonizaron este martes 30 de abril unha nova sesión dos almorzos TIC Talk do CITIC, nos que se falou sobre IA e estatística.
“Desafíos socioeconómicos e biomédicos en áreas pequenas” é o título la exposición que fixo Naomi Diz, na que abordou a obtención de estimacións precisas de indicadores de interese cando o tamaño das mostras nas áreas obxectivo é insuficiente. O reto da “Estimación en Áreas Pequenas” é importante á hora de abordar cuestións como a proporción de pobreza por provincia e sexo ou a ocupación de unidades de coidados intensivos en contextos pandémicos por área sanitaria e día.
Precisamente, o complexo contexto socioeconómico e sanitario que se está a experimentar nos últimos anos, fai que as institucións requiran de información máis detallada para o seguimento das desigualdades, a implementación de medidas ou o reparto de fondos. De aí, a importancia da investigación de estimación de áreas pequenas exposta por Naomi Diz.
Pola súa banda, o investigador Alejandro Fernández Camello fixo unha “Introdución á aprendizaxe reforzada”, examinando os seus principios e como este se desenvolve en distintos contornas, diferenciando entre aprendizaxe reforzada e automática. Así mesmo, falou de exemplos concretos como “Voyager”, unha axente que usa ChatGPT para aprender a xogar en Minecraft e o AutoGPT, deseñado para automatizar tarefas en ordenadores usando o ChatGPT.
Os Almorzos TIC Talk teñen unha periodicidade mensual e buscan potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións e sinerxías entre o persoal investigador.