CITIC

ASPRONAGA visita o CITIC para establecer un acordo de colaboración

27/06/2019

O pasado martes 25 o CITIC recibiu a visita dun grupo de profesores do Centro de Educación Especial Nuestra Señora de Lourdes ASPRONAGA, co obxectivo de establecer un futuro acordo de colaboración entre as dúas entidades.

ASPRONAGA (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha institución benéfica que promove a formación e a participación das persoas con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida. O centro educativo é pioneiro no uso e a aplicación das TIC durante os seus procesos de aprendizaxe e ten unha dilatada experiencia co uso de impresoras 3D, robótica e software específico para a comunicación.

Desta forma, a visita serviu para sentar as bases dunha futura colaboración entre ambas entidades, que reportará beneficios non só en termos de resultados de investigación, senón tamén unha contribución social para mellorar o acceso e uso das TIC por parte de diferentes grupos de persoas.