Carlos Gómez asiste en Uzbequistán a unha reunión do proxecto Erasmus+ Class que coordina na UDC
22/10/2018
O investigador do CITIC Carlos Gómez atópase estes días en Taskent, capital de Usbequistán, asistindo a unha das reunións de coordinación periódicas do proxecto Erasmus+ CLASS (http://erasmus-class.eu/) do cal é coordinador pola UDC.
O proxecto Erasmus + Class Development of the interdisciplinary master program on Computational Linguistics at Central Asian universities, no que participan 12 universidades europeas, ten como obxectivo axudar a universidades de Kazhakhstán e Uzbequistán a desenvolver os seus propios másteres interdisciplinares en lingüística computacional.
As universidades europeas que participan en Erasmus Class son, ademáis da UDC e a USC, que lidera a iniciativa, a Universidad de West Attica (Grecia), a Universidad de Porto (Portugal) e a Adam Mickiewicz University de Poznan (Polonia). Pola súa banda, participan catro universidades de Uzbekistán (Urgench State University, Samarkand State Institute of Foreign Languages, Tashkent State University of the Uzbek language and literature e The National University of Uzbekistan) e tres de Kazajistán (A. Baitursynov Kostanay State University, L.N. Gumilyov Eurasian National University y Al-Farabi Kazakh National University).
Carlos Gómez, investigador UCD-CITIC e Mª Begoña Crespo, investigadora da área de Filoloxía Inglesa da UDC