CITIC

Carlos Vázquez Cendón foi nomeado editor xefe da revista SeMA Journal

05/04/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Carlos Vázquez Cendón foi nomeado editor xefe da revista SeMA Journal: Bulletin of the Spanish Society of Applied Mathematics. A revista está editada por Springer e foi creada pola Sociedade Española de Matemática Aplicada (SeMa), entidade na que o investigador do CITIC foi presidente entre os anos 2006 e 2010.

A SeMa Journal informa sobre logros de alto nivel no campo das matemáticas aplicadas, cubrindo resultados tanto teóricos como numéricos, e tamén as súas aplicacións prácticas. A revista está deseñada para ser de utilidade especialmente para o persoal investigador máis novo.

Carlos Vázquez coordinará o comité editorial de SeMA Journal, formado por máis de corenta profesionais asociados, que son expertos de recoñecido prestixio a nivel mundial nos temas que divulga a revista.

Máis información