CITIC
IMG-20220921-WA0034

Carlos Vázquez Cendón imparte unha charla convidada no Fields Institute de Toronto

29/09/2022 – CITIC

O investigador do CITIC Carlos Vázquez Cendón participou como conferenciante convidado no Workshop on Impacts of Climate Change on Economics, Finance and Insurance, celebrado do 19 ao 23 de setembro de 2022 no prestixioso Fields Institute de Toronto, un centro de investigación no que participan varias universidades canadenses.

O investigador do centro impartiu a charla “Pricing renewable energy certificates and some derivatives”, en presentouna algúns novos métodos de fixación de prezos para certificados de enerxías renovables ou certificados verdes e produtos derivados asociados. O relatorio é o resultado dun traballo que desenvolveu xunto con María Baamonde e María Carmen Calvo Garrido, tamén investigadoras do CITIC.

A presentación pode consultarse a través desta ligazón.