CITIC

NOVIDADES

Talentos Inclusivos arranca a súa VII edición con quince centros educativos de toda Galicia que abordarán novos retos tecnolóxicos para avanzar na inclusión

O acto, celebrado na Domus da Coruña, reuniu 70 persoas, entre representantes institucionais, profesorado, alumnado, persoal investigador e entidades colaboradoras. A xornada permitiu coñecer as novidades do programa do CITIC da UDC, que busca mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.

Leer máis »

A Cátedra R en Ciberseguridade recibe o premio CIBER.gal á mellor iniciativa dirixida ao tecido empresarial

A iniciativa, impulsada por R e as Universidades da Coruña e de Vigo, foi recoñecida pola súa contribución ao desenvolvemento do talento, a innovación e a ciberseguridade no tecido empresarial galego. A distinción foi recollida por Susana Rey, da Oficina de Privacidade de R, acompañada por María Llorente, de Marketing Empresas de R, e polos directores da Cátedra, Carlos Dafonte, do CITIC da UDC, e Ana Fernández Vilas, da UVigo

Leer máis »

O CITIC da UDC achega a intelixencia artificial á cidadanía no certame internacional Ciencia en Acción

Tres proxectos do centro TIC da Universidade da Coruña foron finalistas no encontro dedicado a achegar a ciencia e a tecnoloxía ao público, que tivo lugar a pasada fin de semana en San Sebastián. A proposta divulgativa presentada, denominada “CitasTIC: Investigar en IA”, integrou proxectos de investigación sobre robótica cognitiva, recoñecemento de melodías e intelixencia artificial contra o odio.

Leer máis »