CITIC

Charla informativa Nativos R no CITIC

24/11/2018

O 24 de novembro ás 17 horas terá lugar unha charla informativa dirixida á xeración que non creceu na era dixital: nais, pais, docentes, avós e titores en xeral. O aforamento será de 40 persoas.

Se estás preocupado polo uso que fan os nenos da internet ou do móbil, se non tes claro canto tempo deberían pasar diante dunha pantalla ou como deben usar a novas tecnoloxía, non te preocupes porque aquí daranse todas as claves.

De momento as inscricións non están abertas, pero uns 10 días antes da charla abrirase a inscrición gratuíta para todo aquel que estea interesado en asistir.