CITIC

Conferencia a cargo de José Luis Calvo Rolle na Universidade de Salamanca

27/05/2021 – CITIC

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle ofrecerá unha conferencia online sobre sistemas intelixentes para a detección de anomalías e control avanzados, dentro do Máster Universitario en Modelación Matemática da Universidade de Salamanca.

As liñas de investigación de José Luis Calvo céntranse na Enxeñería de coñecemento e sistemas expertos para diagnose e sistemas de control. Tamén está especializado en sistemas intelixentes para modelado, optimización e control; a detección de fallos e anomalías mediante técnicas tradicionais e intelixentes, así como en novos sensores, sensores robustos e sensores virtuais.

A conferencia terá lugar o venres 28 de maio ás 17.00 h e é de acceso libre a través desta ligazón.