CITIC

Conferencia impartida polo director do Institute UC3M-BS of Financial Big Data, Daniel Pena Sánchez de Rivera

10/09/2020 – CITIC

Investigadores da área de Ciencia e Enxeñaría de Datos do CITIC organizan este venres 11 de setembro ás 12:00 h na Facultade de Informática da UDC unha conferencia impartida polo director do Institute UC3M-BS of Financial Big Data, Daniel Pena Sánchez de Rivera. Baixo o título “New procedures for Estafe Series Clustering”, na charla presentarase unha nova forma de construír medidas de distancia entre series de tempo utilizando a súa dependencia lineal medida polo algoritmo de Correlación Cruzada Xeneralizada (GCC), presentando as propiedades do GCC e dando exemplos do seu desempeño en problemas prácticos.

A conferencia terá lugar no Salón de Actos da FIC. O aforo é libre ata completar aforo, que en condicións normais é de 300 persoas, pero coas medidas de distanciamento e protección actuais, está limitado a 60 persoas.

Ademais, tamén se poderá seguir online a través do espazo habilitado en Teams.