CITIC
Ines Barbeito Cal

Continúan os talleres sobre Ciencia de Datos no IES Miraflores de Oleiros

02/02/2023 – CITIC

O pasado martes, 31 de xaneiro, tivo lugar no IES Miraflores de Oleiros outra sesión sobre Ciencia Datos dirixida a alumnado de 1º de bacharelato do centro que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia. Esta sesión estivo precedida por un primeiro taller celebrado o pasado 24 de xaneiro sobre a mesma temática a cargo das investigadoras Ana López-Cheda e Rebeca Peláez.

Nesta ocasión, impartiron a sesión os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Inés Barbeito que centraron o seu taller na clasificación supervisada, mostrando algúns exemplos da súa aplicación en especies vexetais. Tamén comentaron os principais aspectos do proxecto COVIDBENS, entre eles o da estimación das proporcións de variantes de SARS-CoV-2, facendo unha pequena simulación na aula.

Por último, os investigadores orientaron ao alumnado sobre a oferta académica da Facultade de Informática da UDC, especialmente sobre o Grao de Ciencia e Enxeñería de Datos.