CITIC

Convocadas as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación do SUG

19/02/2020

A Xunta de Galicia convocou as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas das universidades do Sistema Universitario Galego, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para 2020.

Así, poderase concorrer a estas axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I D i en tres modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva
  • Modalidade B: Grupos con potencial crecemento
  • Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG (17/02/2020).

Máis información