CITIC

O alcalde da Coruña visita as instalacións del CITIC

21/11/2018

Esta mañá, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado do reitor da UDC, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, realizou unha visita institucional ao CITIC.

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, tivo ocasión de transmitirlle ao alcalde a labor investigadora no ámbito das TIC realizada no centro e as accións de transferencia dos resultados desta actividade investigadora ao sector produtivo.

Na primeira parte de la visita, o alcalde puido coñecer as instalacións do edificio CITIC 2, onde están ubicadas empresas estratéxicas do sector TIC coas que o CITIC colabora e desenvolve contratos de I+D.

Posteriormente, o alcalde visitou o laboratorio de usabilidade do centro, onde amosou gran interese polo funcionamento desta plataforma de observación do uso de novas tecnoloxías no fogar dixital conectado.