CITIC

O CITIC asiste en Hong Kong ao EMNLP 2019

06/11/2019

Os investigadores do CITIC David Vilares e Michalina Strzyz asisten estes días en Hong Kong ao EMNLP 2019 – 24th Conference on Empirical Methods in Natural Language Processing. Trátase dun dos congresos de maior impacto no campo do procesamento computacional da linguaxe humana.

Os investigadores presentaron o seu traballo “Towards Making a Dependency Parser See”, en coautoría con Carlos Gómez, líder do equipo da ERC Starting Grant FASTPARSE. En devandito traballo os seus autores realizan un primeiro achegamento ao emprego de información visual para mellora dos analizadores sintácticos de dependencias baseados en redes neuronais.