CITIC

O CITIC colabora co evento OBAWeek

08/04/2020

O CITIC colabora co evento OBAWeek (Online Business Agility Week), que organiza Kelea e que se celebra do 14 ao 16 de abril. Durante estes tres días, relatores de primeiro nivel de diferentes lugares e diferentes sectores compartirán os seus coñecementos e experiencias en Axilidade Empresarial, Innovación, Cultura e Transformación. Trátase do primeiro evento online destas características que se realiza en España. O obxectivo é aportar inspiración ao ecosistema empresarial para o desenvolvemento de novas ideas.

O evento componse de 10 charlas e unha mesa redonda para poder interactuar cos demais participantes.

Parte da recadación do evento de doará a un fin benéfico. En concreto, polo menos o 25 % da recadación total destinarase á iniciativa #AguaparaHospitalesCOVID19, liderada por AUARA, unha marca de produtos que se venden co fin de financiar proxectos de acceso a auga potable.

Más información e inscrición