CITIC
Congreso Galego Estatística_web

O CITIC colabora co XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

13/03/2023 – CITIC

A próxima edición do Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións terá lugar do 26 ao 28 de outubro de 2023 na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Caminos, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Está organizado polo Departamento de Matémáticas da UDC, en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), e está patrocinado polos grupos MODES da UDC, MODESTYA da USC e SiDOR da UVigo.

A finalidade do congreso é a divulgación das innovacións da Estatística e a Investigación de Operacións na investigación e no ensino. Con tales fins, organizaranse mesas redondas, obradoiros, sesións de comunicacións orais e de pósteres e conferencias plenarias que estarán impartidas por M. Dolores Jímenez Gamero e Xusto Porto Albandoz, ambos da Universidade de Sevilla, Eduardo Saénz de Cabezón da Universidad de La Rioja e Lola Ugarte Martínez da Universidad Pública de Navarra.

Persoal investigador do CITIC forma parte tanto do comité organizador como do comité científico do congreso. Ademáis, o CITIC é unha das entidades colaboradoras, xunto coa Escola Técnica Superior de Enxeñería de Caminos, Canais e Portos da UDC, a Portuguese Statistical Society, o Instituto Galego de Estatística e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).

Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación Operativa

Como novidade, nesta edición do congreso celebraranse as I Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións, un foro onde mostrar distintas experiencias docentes baseadas na innovación e implantación de melloras na aula.

Máis información: http://xvicongreso.sgapeio.es/