O CITIC colabora no CyberSec@GAL
07/10/2019
O CITIC colabora no encontro CyberSec@GAL, o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade (desenvolvida en colaboración coas universidades da Coruña e de Vigo). Terá lugar do 14 ao 17 de outubro na Coruña, Santiago e Vigo.
O evento consiste en catro xornadas de talleres, ciber-retos e charlas, nas que se falará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. Está dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, por outra, ao ecosistema empresarial, da man de expertos nacionais e internacionais que expoñerán diferentes aspectos no terreo da ciberseguridade.
Durante a xornada de clausura entregaranse seis premios valorados en 2.600 € en total: un premio á Tese de Doutorado en Ciberseguridade (700 €), dous premios á Tese fin de Mestrado en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (400 € cada un), dous premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (300 € cada un) e un premio reto Gradiant – Hijos de Rivera (500 €).