CITIC

O CITIC colabora na Xornada Anita Borg 2020 na FIC da UDC

04/03/2020

Hoxe celébrase na Facultade de Informática da UDC a Xornada Anita Borg 2020, que conta coa colaboración do CITIC. O fío conductor é “Mulleres relevantes na informática de onte e de hoxe”.

Durante a mañá, terán lugar diferentes charlas divulgativas por parte de profesoras da FIC, que versarán sobre unha figura histórica femenina, como Ángela Ruiz, Radia Perlman, Margaret Hamilton, Hedy Lamar e María Wonenburger, entre outras. Tamén se presentarán as iniciativas Inspira STEAM, UDC Big Bang e Hello, sisters!.

Durante a tarde realizaranse dúas charlas técnicas, por parte de Gema Mariño, desarrolladora de software en Imatia, e Bárbara Román, cofundadora de NoLegalTech.