CITIC

O CITIC coorganiza o III Machine Learning Workshop Galicia

11/07/2018

O CITIC organiza a terceira edición do Machine Learning Workshop Galicia xunto con atlanTTic, el CiTIUS e o CESGA. O encontro pretende constituírse como un punto de referencia entre a industria e a comunidade investigadora neste ámbito. Terá lugar o xoves 18 de outubro de 2018 en Vigo a partir das 9.00 horas e durante o evento mostraranse proxectos, resultados e experiencias das universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e empresas de Galicia asociados ao uso do Machine Learning (ML), co obxectivo de identificar as posiblidades destas tecnoloxías nos sectores referentes de Galicia, as necesidades de infraestructuras computacionales e as posibles sinerxias.

Envío de traballos

O comité do WGML2018 invita aos autores a compartir a súa experiencia en Machine Learning, tanto se proceden do ámbito académico como empresarial. Tamén se invita ás empresas a compartir as súas necesidades e participar co obxectivo de establecer sinerxias. Os interesados deberán enviar un abstract a través da plataforma EasyChair:

https://wgml.es/files/Modelo_de_abstract_WGML2018.doc

Nesta edición priorizaranse os traballos que mostren a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais co fin de mostrar á industria o potencial destas tecnoloxías. Tamén se valorarán traballos que, aínda sen contar con algún caso de uso de transferencia real por atoparse nunha fase inicial de desenvolvemento, conten cun potencial importante de aplicabilidade no tecido socioeconómico ou industrial.

Comité científico

·  Ricardo Cao (CITIC – UDC, ITMATI)

·  Milagros Fernández Gavilanes (AtlanTTIC – UVIGO)

·  David Mera Pérez (CiTIUS – USC)

·  Andrés Gómez Tato (CESGA)

·  Fernando Vázquez Núñez (IMATIA)

Lugar de celebración

Despois do éxito das edicións de 2016 e 2017, con múltiples relatorios e máis de 100 participantes entre investigadores e empresas en cada unha delas, atlanTTic asume a organización da III Edición do Machine Learning Workshop Galicia, que terá lugar o xoves 18 de outubro de 2018 en Vigo a partir das 9.00 h na Sede Afundación, Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra.

Contacto: wgml18@uvigo.es