CITIC

El CITIC en el programa "Conexións" de TVG

25/12/2010

Emisión: Sábado 25 ás 15:00 h. na TVG-2 e ás 19:30 h. na TVG.

Programa de divulgación sobre os últimos avances no coñecemento, a tecnoloxía, a investigación e a innovación en Galicia.

“CONEXIÓNS” proponse ser a revista audiovisual de todos aqueles aos que lles interesa mellorar a calidade de vida e a do seu traballo, innovar nos negocios, optimizar os modelos produtivos e, en xeral, beneficiarse dos últimos coñecementos, as novas tecnoloxías e a investigación.

PROGRAMA 20 IMAXES NA REDE

Recorremos ás imaxes para contar unha viaxe, un acontecemento; elaborar unha historia; ilustrar unha reportaxe ou, incluso, resumir unha vida. Moita información que hoxe en día salta do computador ao televisor, do televisor ao teléfono móbil, de volta ao computador. ¿Nunca te preguntaches como viaxa toda esa información dun dispositivo a outro?.

Entrevistado. Víctor Gulías, é responsable do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), da Universidade da Coruña. Doutor e profesor titular en informática, Gulías dirixiu numerosos proxectos de I+D autonómicos, estatais e internacionais. Ademais, é o investigador principal do grupo MADS (Models and Applications of Distributed Systems) e promotor da área Media en rede e fogar dixital do CITIC.

Como emprendedor, fundou diversas iniciativas empresariais de base tecnolóxica; a máis coñecida é LambdaStream, creada para a industrialización e a comercialización dos resultados de investigación do servidor de vídeo baixo demanda, VoDKA.