CITIC

O CITIC é nomeado membro do comité xestor de PLANETIC

17/06/2020

O CITIC foi nomeado membro do comité xestor de PLANETIC, a Plataforma tecnolóxica española para a adopción e difusión das tecnoloxías electrónicas, da información e a comunicación. O representante do CITIC no órgano será o responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do centro, Manuel Bustabad.

PLANETIC pretende ofrecer unha visión global e integrada do sector TIC español, atender ás necesidades TICs dos diferentes sectores económicos españois, impulsar o posicionamento internacional do sector TIC español e servir como espazo de traballo común para axentes I+D+i e empresas do sector.

Así, o comité xestor de PLANETIC é o órgano encargado da xestión estratéxica e operativa da plataforma. Entre as súas funcións destacan a representación da mesma ante os diferentes organismos; fomentar a participación e colaboración entre os membros en iniciativas, proxectos, programas e actividades de interese para a plataforma; e establecer e coordinar a Axenda estratéxica.