CITIC

O CITIC participa na xornada de portas abertas da FIC e na Hora do Código

07/02/2020

A Facultade de Informática da UDC celebra este sábado unha xornada de portas abertas, orientada a estudantes, profesores, orientadores e familiares, na que se celebrarán talleres, presentarase a oferta académica do centro e realizarase unha visita guiada ás instalacións da Facultade. O CITIC participará a través dun stand no que se mostrarán aos visitantes diferentes tecnoloxías desenvolvidas polos investigadores do centro, como o robot Robobo, unha impresora 3D e un dron para posicionamento en interiores, entre outros.

Ademais, os investigadores do CITIC Susana Ladra e Ricardo Cao ofrecerán as charlas divulgativas “Big Data e xenómica” e “Análise de datos para a detección de impurezas no combustible para a aviación”, respectivamente.

O CITIC tamén colabora na Hora do Código, un evento dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos para que traten de aprender conceptos fundamentais de programación.