CITIC

O CITIC participa en Transfiere, un dos principais eventos de I+D+i do panorama nacional

13/02/2019

O responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC, Manuel Bustabad, atópase estes días en Transfiere, o 8º Foro Europeo para la Ciencia, Tecnología e Innovación, que ten lugar en Málaga e que está considerado como un dos principais eventos de I+D+i do panorama nacional.

Trátase dun foro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía, que pretende ser un punto de encontro entre os grupos de investigación e as empresas, para impulsar a innovación e contribuír a mellorar a competitividade do sector empresarial. Conta coa presencia de 4.000 profesionais de 40 países diferentes, máis dun millar de empresas e de 4.700 grupos de investigación.

Durante estes días o CITIC manterá encontros B2B con diferentes empresas e entidades destacadas do ámbito da I+D+i nacional e internacional, co obxectivo de buscar oportunidades e futuras colaboraciones.

O CITIC forma parte dunha comitiva liderada pola Axencia Galega de Innovación – GAIN, na que están presentes as Universidades galegas, a Administración pública e outros axentes como centros tecnolóxicos, clústers, etc.

 

Xosé Manuel García, responsable de Innovación e colaboración UDC-Empresa da OTRI da UDC, e Manuel Bustabad, responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC.